Inicio
- 26/04/2023: Nota informativa sobre a publicación das puntuacións provisorias do baremo do concurso de méritos no que atinxe á ordenación das persoas aspirantes no caso de empate no baremo outorgado
- 25/04/2023: Resolución da Comisión de Selección puntuacións provisorias do baremo concurso de méritos (Orde 19 de outubro de 2022)
- 22/12/2022: Publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da convocatoria da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A)
- 28/10/2022: Publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, a corpos de persoal docente non universitario dependente da consellería competente en materia de educación (ED001B)
26/04/2023: Nota informativa sobre a publicación das puntuacións provisorias do baremo do concurso de méritos no que atinxe á ordenación das persoas aspirantes no caso de empate no baremo outorgado
25/04/2023: Resolución da Comisión de Selección puntuacións provisorias do baremo concurso de méritos (Orde 19 de outubro de 2022)
Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada xúntase a seguinte documentación:
-Documento informativo recompilatorio de casuísticas de non baremación
22/12/2022: Publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da convocatoria da Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A)
Desde o 10 de xaneiro ata o 30 de xaneiro de 2023, ambos incluídos, estará aberto o prazo de inscrición no proceso selectivo para o ingreso nos diferentes corpos docentes que se convocan pola Orde do 5 de decembro de 2022 (Anuncio da convocatoria publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 242, do 22 de decembro de 2022). Prema nesta ligazón para acceder ao anuncio e a orde de convocatoria.
A orde de convocatoria publicarase no portal educativo www.edu.xunta.gal e nesta páxina web de oposicións. Nesta mesma páxina web as persoas interesadas deberán crear unha solicitude. É ademais obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo de presentación de solicitudes indicado anteriormente seguindo os pasos que se lle amosarán na propia ferramenta web.
-
Como crear unha solicitude?
-
Identificarse no sistema. Premer no botón de cor verde que hai na esquina superior dereita. Acceder á pantalla de autenticación na que debe escoller no despregable o tipo de usuario/a que empregará para identificarse: usuario/a da Consellería competente en materia de Educación (se dispón del), Chave365 ou ben acceder co certificado dixital.
-
Acceder ao menu "As Miñas instancias"
-
Seleccionar a convocatoria correspondente e premer no botón "Crear nova instancia"
-
Rematada a solicitude, e corrixidos os erros, se é o caso, premer (GARDAR E SEGUINTE).
-
Unha vez na nova pantalla, se quere volver atrás, observará que existen campos que non poderá cambiar (corpo, titulación…). Para realizar cambios deberá comezar unha nova solicitude.
-
Se non rematou de cubrir o total da solicitude, pode pechar a aplicación sen pechar a solicitude as veces que desexe.
-
IMPORTANTE: Se pechou a solicitude, non poderá volver a modificala. Porén, é posible crear unha nova solicitude aproveitando a información e os datos cubertos previamente.
-
Unha vez rematada a introdución dos datos, peche a solicitude.
Unha vez pechada deberá realizar os seguintes dous pasos:
Paso 1: Pago de taxas
Pode saltarse este paso se vostede está exento do pago das taxas (ver apartado “resumo de documentación”).
Ao premer no botón "Pagar taxa", crearase unha taxa na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia cos seus datos e co importe que debe pagar.
A continuación prema na ligazón que se lle amosará; será redirixido/a á web da Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, na que deberá realizar o pagamento con tarxeta (de calquera entidade a través de ABANCA ou tarxeta de Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora, Evo Banco a través da correspondente entidade).
Importante: finalizado o proceso de pago, comprobe que na pantalla aparece “pagado”
Para máis información sobre os requisitos técnicos para o pagamento ou resolver calquera dúbida relacionada con este debe dirixirse á Axencia Tributaria de Galicia a través do enderezo http://www.cixtec.es/atendemos.
Paso 2: Presentación electrónica da solicitude
Prema no botón "Enviar á Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Amosaráselle unha ligazón que o/a dirixirá á Sede Electrónica para presentar a súa solicitude electronicamente.
Para acceder á Sede Electrónica e presentar a súa solicitude debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave365.
Ao presentar electronicamente a solicitude daráselle a opción de achegar a documentación en formato electrónico (ver apartado “resumo de documentación”).
Recorde que pode xerar tantos borradores como solicitudes peche, pero só será válida a última que presente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.
-
Que documentación debo presentar?
Resumo de documentación:
1. No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.
2. De ser o caso, documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica.
3. Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.
4. Documentación acreditativa da titulación de español, no caso de persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español.
5. Documentación xustificativa da exención ou bonificación das taxas
6. Documentación acreditativa da discapacidade que xustifique a necesidade da adaptación, para o persoal aspirante que solicite a adaptación de tempo e medios.
7. Documentación identificativa para o persoal aspirante que non teña a nacionalidade española.
Non é necesario achegar nin a titulación alegada, nin a documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica ou o coñecemento do galego ou castelán, no caso daquelas persoas que xa o fixeran nos procedementos selectivos convocados pola Consellería competente en materia de educación desde a Orde do 17 de marzo de 2014.
NOTA PARA A COBERTURA DA SOLICITUDE: a titulación de arquitectura figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción licenciatura no campo “tipo de titulación”; a titulación de arquitectura técnica figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción diplomatura no campo “tipo de titulación”. Os títulos de doutoramento aparecen no campo “tipo de titulación” ao premer na opción de “mostrar máis titulacións”; neste caso, no campo “titulación” deberá escoller a especialidade do doutoramento.
Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada non se opoña a súa consulta:
• Identidade da persoa solicitante ou representante.
• Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
• Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
• Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.
•Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
• Acreditación da condición de familia numerosa, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).
• Acreditación da condición de discapacidade, no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (só no caso de que sexa alegada esta circunstancia).
• Estar inscrita como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación (Anuncio convocatoria)
•Non estar percibindo prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas.(Anuncio convocatoria)
Teléfonos de información:
- Secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 981-545494
- Primaria: 981-545495, 881-995887, 981-544487
Correos electrónicos:
- Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
- Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.gal
28/10/2022: Publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, a corpos de persoal docente non universitario dependente da consellería competente en materia de educación (ED001B)
Desde o 31 de outubro ata o 21 de novembro de 2022, ambos incluídos, estará aberto o prazo de inscrición nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).
As persoas solicitantes deben acceder á páxina web oposicións (www.edu.xunta.gal/oposicions) onde deberán crear unha solicitude. É ademais obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo de presentación de solicitudes indicado anteriormente.
Para acceder á información relacionada co procedemento selectivo: PREMA AQUÍ
-
Como crear unha solicitude?
-Identificarse no sistema. Premer no botón de cor verde que hai na esquina superior dereita. Acceder á pantalla de autenticación na que debe escoller no despregable o tipo de usuario que empregará para identificarse: usuario da Consellería competente en materia de educación (se dispón del), Chave365 ou ben acceder co certificado dixital.
-Acceder ao menu "As Miñas instancias"
-Seleccionar a convocatoria correspondente segundo o corpo polo que se presenta e premer no botón "Crear nova instancia"
-Cubra a solicitude en todos os apartados requiridos: o persoal aspirante deberá cubrir todos os campos habilitados para estes efectos na solicitude, nomeadamente os datos persoais, o corpo e a especialidade aos que aspira, a forma de acceso, taxas e a titulación que alega e xustifica para o ingreso ao corpo así como o autobaremo que se inclúe no corpo desta (a aplicación web ten dispoñible un menú de axuda na parte superior)
-Autobaremación: No que se refire á autobaremación, o persoal participante deberá cubrir no apartado de experiencia docente previa o número de anos e meses que alegue segundo o establecido nas bases desta convocatoria e a aplicación web calculará automaticamente a puntuación que se lle outorga de conformidade co período temporal declarado responsablemente polo persoal aspirante. A aplicación web tamén calculará automaticamente a puntuación correspondente ao apartado de formación unha vez que o persoal participante cubra o número de cursos que posúe de acordo cos requisitos esixidos polas bases desta convocatoria. No resto dos apartados será o persoal aspirante o que deberá cubrir a puntuación que lle corresponda segundo a nota media que posúa, o número e tipo de titulacións que posúa e as fase de oposición da mesma especialidade do corpo ao que opta superadas nun procedemento selectivo de ingreso a corpos da función pública docente desde o ano 2012 segundo o establecido nesta convocatoria. A aplicación web non permitirá que se superen os máximos establecidos para cada apartado e subepígrafe así como á puntuación total máxima establecida nesta convocatoria.
-Rematada a solicitude, e corrixidos os erros, se é o caso, premer (GARDAR E SEGUINTE).
-Unha vez na nova pantalla, se quere volver atrás, observará que existen campos que non poderá cambiar (corpo, titulación…). Para realizar cambios deberá comezar unha nova solicitude.
-Se non rematou de cubrir o total da solicitude, pode pechar a aplicación sen pechar a solicitude as veces que desexe.
IMPORTANTE: Se pechou a solicitude, non poderá volver a modificala. Porén, é posible crear unha nova solicitude aproveitando a información e os datos cubertos previamente.
-Unha vez rematada a introdución dos datos, peche a solicitude.
-Logo de pechar a solicitude deberá realizar os seguintes dous pasos:
Paso 1: Pago de taxas
Pode saltarse este paso se vostede está exento do pago das taxas (ver apartado “resumo de documentación”).
Ao premer no botón "Pagar taxa", crearase unha taxa na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia cos seus datos e co importe que debe pagar.
A continuación prema na ligazón que se lle amosará; será redirixido/a á web da Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, na que deberá realizar o pagamento con tarxeta (de calquera entidade a través de ABANCA ou tarxeta de Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora, Evo Banco a través da correspondente entidade).
Importante: finalizado o proceso de pago, comprobe que na pantalla aparece “pagado”
Para máis información sobre os requisitos técnicos para o pagamento ou resolver calquera dúbida relacionada con éste debe dirixirse á Axencia Tributaria de Galicia a través do enderezo:
http://www.cixtec.es/atendemos ou https://ovt.atriga.gal/
Paso 2: Presentación electrónica da solicitude
Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Amosaráselle unha ligazón que o/a dirixirá á Sede Electrónica para presentar a súa solicitude electronicamente.
Para acceder á Sede Electrónica e presentar a súa solicitude debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave365.
Ao presentar electronicamente a solicitude daráselle a opción de achegar a documentación en formato electrónico (ver apartado “resumo de documentación”).
Recorde que pode xerar tantos borradores como solicitudes peche, pero só será válida a última que presente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.Non se admitirán solicitudes presentadas en papel. LEMBRE QUE A SOLICITUDE SÓ ESTARÁ CORRECTAMENTE PRESENTADA UNHA VEZ DESCARGUE O RECIBO DE PRESENTACIÓN DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA NO QUE DEBERÁ CONSTAR O Nº DE REXISTRO DE ENTRADA E A DATA E HORA DA PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE.
-
Que documentación debo presentar?
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR COA SOLICTUDE DO PROCEDEMENTO SELECTIVO (ED001B):
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.
b) Documentación acreditativa de posuír a formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación ou, cando sexa o caso, da formación equivalente.
Cando en substitución do máster universitario que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas se alegue docencia efectiva, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009 ou durante dous cursos completos ou doce meses continuos ou descontinuos, en ensinanzas regradas dos niveis e ensinanzas cuxas especialidades se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, non será necesario presentar ningunha documentación se a docencia se impartiu en centros públicos dependentes desta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e os servizos prestados constan na aplicación informática de persoal. Nestes supostos a certificación será expedida e incorporada de oficio ao expediente correspondente pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos.
Noutro caso xustificarase do seguinte xeito:
- Se se trata dun centro público, mediante certificación, na cal conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a especialidade, expedida pola secretaría do centro, co visto e prace da dirección e o contrato ou nomeamento expedido polo organismo correspondente.
- Se se trata dun centro privado debidamente autorizado, mediante certificación, en que conste a data de inicio e fin, nivel da ensinanza impartida e a materia, expedida pola dirección do centro, co visto e prace dos servizos de inspección educativa correspondente, ou copia dos contratos de traballo xunto con certificado da vida laboral.
c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega feita polo órgano competente, o título de licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
d) As persoas que non posúan a nacionalidade española e non teñan como idioma oficial o español: Diploma superior de español como lingua estranxeira, certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas escolas oficiais de idiomas, título de licenciatura, ou de grao equivalente, en filoloxía hispánica ou románica ou outros títulos homologados, ou certificación académica en que conste que se realizaron no Estado español estudos conducentes á titulación alegada para ingreso no corpo.
e) Persoal aspirante que solicite exención ou bonificación das taxas:
- Xustificación de ser membro de familia numerosa de categoría xeral ou especial, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- Xustificación de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, só no caso de non estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- As vítimas do terrorismo, entendendo por tales para estes efectos, as persoas que sufriran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante sentenza xudicial firme o en virtude de resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe da persoa falecida e os fillos das persoas feridas e falecidas.
f) Persoal aspirante que non teña a nacionalidade española:
- O persoal aspirante que non teña a nacionalidade española, incluído no primeiro parágrafo da epígrafe 2.1.a) que resida en España, deberá presentar unha copia do documento de identidade ou pasaporte e da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario ou, se é o caso, de tarxeta temporal de residente comunitario ou de persoal traballador comunitario fronteirizo, en vigor.
- O persoal aspirante incluído no segundo parágrafo da epígrafe 2.1.a) deberá presentar unha copia do pasaporte ou do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a tarxeta ou a exención do visado e da dita tarxeta. No caso contrario deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración responsable ou promesa da persoa coa que existe este vínculo, de que non está separada de dereito do/a cónxuxe e, se é o caso, de que o persoal aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
COMPROBACIÓN DE DATOS:
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Títulos oficiais universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
c) Títulos oficiais non universitarios que dean acceso á función docente e que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
d) Consulta da inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais.
e) Certificado de Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Acreditación da condición de familia numerosa só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditación da condición de discapacidade só no caso de estar recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Estar inscrito/a como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas nas cales solicite a súa participación
d) Non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data da publicación no DOG da convocatoria das probas selectivas
DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS MÉRITOS OBXECTO DE BAREMACIÓN QUE SE DEBEN PRESENTAR NO PROCEDEMENTO CÓDIGO ED011A:
En relación coa documentación xustificativa dos méritos alegados no concurso, o persoal participante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
a) Persoal participante con expediente persoal actualizado:
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021, pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que consten no expediente, serán empregados na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de selección de persoal, de xeito que non é necesaria a súa xustificación se xa constan no expediente da persoa participante.
O persoal participante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de méritos.
De estar conforme cos méritos que constan no seu expediente, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso de méritos (código de procedemento ED001B).
b) Persoal participante sen expediente persoal ou co expediente persoal sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes, o persoal que participe no concurso de méritos e non teña expediente ou non o teña actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED001B), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A). Presentarase unha única solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa aínda no suposto de que se participe por máis dunha especialidade do mesmo ou distinto corpo.
No suposto de presentar varias solicitudes de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada neste procedemento normalizado na sede electrónica da Xunta de Galicia.
*NOTA PARA A COBERTURA DA SOLICITUDE: a titulación de arquitectura figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción licenciatura no campo “tipo de titulación”; a titulación de arquitectura técnica figura no despregable do campo “titulacións” ao elixir a opción diplomatura no campo “tipo de titulación”. Os títulos de doutoramento aparecen no campo “tipo de titulación” ao premer na opción de “mostrar máis titulacións”; neste caso, no campo “titulación” deberá escoller a especialidade do doutoramento.
Teléfonos de información:
- Secundaria: 981-545406, 981-545255, 981-545409, 881995891
- Primaria: 981-545495, 881-995887, 981-544487
Correos electrónicos:
- Secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
- Primaria: persoal.primaria@edu.xunta.gal