Galiciencia

Certame científico

O certame, cuxo obxectivo é achegar o mundo da ciencia a toda a sociedade, pero de forma especial aos estudantes de primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e bacharelato celebrarase entre o 8 e o 10 de maio de 2024 e haberá opción de participar tamén de forma virtual.

Este ano a madeira é o tema elixido pola organización do certame promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Os centros educativos poden presentar ata dous proxectos en secundaria, bacharelato e FP na modalidade presencial (na versión en liña non hai límite) que serán os que competirán polos premios do concurso.

A feira ofertará obradoiros, actividades e espectáculos ademais dos concursos de deseño da camiseta oficial de Galiciencia (orientado a estudantes de primaria), ou o de fotografía a través de Instagram (no que poden participar tanto alumnos como profesores de secundaria, bacharelato e FP e que pecha a presentación o 15 de abril). No desafío científico «Mellor en madeira» poden participar alumnos desde 4º de primaria.

Ademais de para participar, tamén está aberto o prazo para realizar visitas á feira. Os colexios e institutos teñen ata o 18 de marzo para facer a reserva tendo en conta que hai un límite mínimo de 25 persoas e un máximo de 50 por cada centro educativo.

 

Toda a información

Palabras clave: