EDUCA 2018

I Congreso Mundial de Educación. Innovación e Investigación Educativa
Data: 
Desde xoves, 22 de febreiro de 2018 ata sábado, 24 de febreiro de 2018
Lugar: 
A Coruña

O I Congreso Mundial de Educación, EDUCA 2018, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña do 22 ao 24 de febreiro de 2018, desexa ser un foro de intercambio de coñecemento e experiencias didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e materias.

Nas sesións matutinas abordaranse conferencias maxistrais de interese para todos os participantes e nas xornadas de tarde estableceranse grupos de traballo por áreas temáticas, nos que tres profesores nacionais de cada área participarán como relatores e, posteriormente, abrirase un debate na sala entre todos os asistentes a ese grupo de traballo. Tamén será quenda para a exposición de traballos de investigación por parte dos participantes.

Programa

Toda a información