O galego ante o desafío das sociedades multilingües.

Data: 
xoves, 8 de xuño de 2023
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sostibilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe.

O obxectivo desta xornada, que se desenvolverá o xoves 8 de xuño, é debater sobre as posibilidades que para o idioma galego se abren nun futuro que se contempla como un contexto de profunda transformación no relativo á ecoloxía da diversidade lingüística e de reforzo do plurilingüismo.

 

Programa