Encontros Americanos na Granell

Conferencias mensuais
Data: 
mércores, 29 de marzo de 2023
Lugar: 
Santiago de Compostela

Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión sobre América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
Os Encontros celebraranse na Fundación Eugenio Granell, ubicada na Praza do Toural, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.
Os seus participantes serán especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.

A primeira delas leva por título Xénero e inmigración en Galicia e será impartida por Laura Oso Casas, catedrática de Socioloxía na Universidade da Coruña, o xoves 29 de marzo ás 19:00h.

A entrada é de balde ata completar aforo.

 

Arquivos adxuntos: