Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística

Data: 
Desde luns, 27 de setembro de 2021 ata luns, 4 de outubro de 2021
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración do concello de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política lIngüística,  organiza esta actividade formativa cuxa finalidade é coñecer as bases teóricas e as metodoloxías de intervención vinculadas á educación social para empregalas no proceso de normalización lingüística e no labor cotián de traballo a prol da lingua galega.

Datas: 27 de setembro e 4 de outubro de 2021

Lugar: Espazo Apego do Concello de Santiago de Compostela

O prazo de inscrición remata o 19 de setembro.

 

Toda a información