Congreso Emilia Pardo Bazán

100 anos despois
Data: 
Desde luns, 25 de outubro de 2021 ata venres, 29 de outubro de 2021
Lugar: 
A Coruña e Santiago de Compostela

Organizado pola Real Academia Galega, este congreso reunirá do 25 ao 29 de outubro a diferentes expertos internacionais que afondarán na figura da autora desde novas perspectivas. Incluirá relatorios sobre a súa narrativa, as súas colaboracións na prensa ou cuestións sobre o seu pensamento como o europeísmo, entre outras.

O congreso, que estará coordinado polo director do comité científico do mesmo, José Manuel González Herrán, complementarase con diversas actividades culturais.

Inscricións ata o 12 de outubro no enderezo info@congresopardobazan100anos.gal

Toda a información