XVI Xornada de Dinamización Lingüística.

Data: 
xoves, 26 de novembro de 2020
Lugar: 
En liña

A XVI Xornada de Dinamización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados, que este ano se desenvolve por primeira vez pola vía dixital, debido aos efectos da COVID-19.

Realizarase o día 26 de novembro, de 16:00 a 18:00 horas, e presentará, entre outros contidos, ferramentas e recursos virtuais para utilizar nas aulas nestes tempos de pandemia. Centraranse nas posibilidades que ofrecen museos como o Mupega, en experiencias innovadoras dos colexios e na entrega dos Premios Irmáns Reboiras á mellor iniciativa virtual de fomento do galego realizada durante o confinamento.

Máis información