O galego no ensino. O ensino en galego

I Xornadas de debate e reflexión sobre a lingua no ensino
Data: 
sábado, 25 de xaneiro de 2020
Lugar: 
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 25 de xaneiro celébranse no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela estas Xornadas nas que, a través d econferencias e debate, tratarase de acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • -Mostrar distintos modelos de normalización lingüística aplicados no Estado español e reflexionar sobre os seus resultados.
  • -Reflexionar sobre a repercusión do Decreto de plurilingüismo na situación actual da lingua galega e a súa relación co momento anterior á súa aplicación.
  • -Mostrar distintas posturas e iniciativas do profesorado ante a lingua galega no ensino.
  • -Reflexionar sobre o papel da Administración educativa e dos poderes políticos en canto á normalización lingüística.

O evento vai dirixido aos docentes do ensino non universitario que serán seleccionados por rigurosa orde de inscrición. A matrícula é gratuíta

Máis información