Galiciencia

Data: 
Desde mércores, 9 de decembro de 2020 ata venres, 11 de decembro de 2020
Lugar: 
Encontro virtual

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de primaria, secundaria e bacharelato, pero que permanece aberto para o público en xeral.

Este ano debido á pandemia COVID-19 realizarase a primeira Galiciencia online, o que permitirá experimentar novos formatos e oportunidades para facer Galiciencia máis grande, inspiradora, creativa, participativa e aberta a proxectos de todo o ámbito nacional.

Obxectivos

  • Potenciar a divulgación e a comunicación social da ciencia, con exposición de proxectos,  talleres científicos e espectáculos de ciencia.
  • Fomentar o espiritu innovador e emprendedor entre os participantes, coa creación de proxectos e talleres específico.
  • Contribuír no desenvolvemento de vocacións científicas, a través de desafíos científicos.

Toda a información nesta ligazón.