Xornadas da Ciencia en galego
Data:
Desde venres, 31 de maio de 2019 ata venres, 7 de xuño de 2019
Lugar:
Marín (Pontevedra)

A asociación Queremos Galego Marín organiza as Xornadas da Ciencia en galego, que terán lugar os días 3 e 31 de maio e 7 de xuño de 2019 no Museo Manuel Torres en Marín.
O obxectivo principal é combater aqueles prexuízos lingüísticos que instalan no imaxinario colectivo a idea de que o galego non é un idioma válido para a ciencia. Nas xornadas participarán Manuel Vicente, director do programa de radio Efervesciencia; David Domínguez, responsable do blog RedMeteo; e Dositeo Veiga, redactor da páxina web Ceos Galegos. Como remate celebrarase unha saída nocturna para fotografar as estrelas e a vía láctea desde a Lagoa de Castiñeiras.