VII Encontros de educación infantil e educación primaria

Data: 
sábado, 11 de maio de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

A celebración dos VII Encontros de Educación Infantil e educación primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula. O evento terá lugar no Auditorio Abanca (R/ Preguntoiro, 23) de Santiago de Compostela o sábado 11 de maio.

Para a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, recollidas na LOMCE, que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

  • Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade.
  • Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas.
  • Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado.

Inscrición a través de fprofe (código G1803008)

Programa da actividade