A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria
Data:
Desde mércores, 29 de xaneiro de 2020 ata mércores, 12 de febreiro de 2020
Lugar:
Santiago de Compostela

O curso "A presentación de proxectos na comunicación e na oratoria" está totalmente orientado á práctica. Durante as clases aprenderanse técnicas útiles para a preparación, desenvolvemento e peche dun discurso. O obxectivo principal é ensinarlles aos asistentes a realizar presentacións en público efectivas.
O alumno aprenderá a:
- Analizar un discurso.
- Estruturar a liña narrativa dun discurso para que resulte eficiente.
- Comunicar de maneira eficiente encima dun escenario.
- Crear estratexias para a improvisación do discurso, e construción da autoconfianza nun mesmo.
O curso, cunha duración de 10 horas, celebrarase no CAFI (Santiago de Compostela) en horario de 17:30h a 21:00h nas seguintes datas: 29 de xaneiro, 5 de febreiro e 12 de febreiro de 2020.
Solicitude en fprofe (código da actividade S1903002).