FP Innova Galicia 2019

Data: 
Desde mércores, 8 de maio de 2019 ata venres, 10 de maio de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 8 e 10 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da cuarta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.

O congreso dispón dun espazo expositivo no que conflúen a innovación, o emprendemento, a formación e a empresa. Ademais supón unha magnifica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional.

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición.

Toda a información nesta ligazón.

 

Programa