Encontro de experiencias Arteixo-Innovación

Educación e TIC
Data: 
Desde luns, 6 de maio de 2019 ata xoves, 9 de maio de 2019
Lugar: 
Arteixo

O Centro de Formación e Recursos da Coruña organiza estes Encontros, dirixidos a docentes de todas as ensinanzas, que se celebrarán do 6 ao 9 de maio no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Os obxectivos que se perseguen son:

1. Potenciar a difusión de boas prácticas no uso das TIC no eido educativo, en distintos niveis.
2. Facilitar a comunicación entre os distintos axentes sociais relacionados coa educación (centros, familias, institucións, ...)
3. Dar a coñecer aos asistentes aplicacións, estratexias e procedementos no uso das TIC, novidosos e emerxentes.

No evento traballaranse estes contidos:

1. Temas de interese común para familias, centros e entidades.
2. Boas prácticas ao abeiro do Proxecto Arteixo.
3. As TIC no desenvolvemento dos proxectos de centro.
4. Innovación e TIC nas etapas educativas non universitarias.

 

Inscrición en fprofe (código C1803013) ata o 30 de abril de 2019.

Arquivos adxuntos: