EDUCA 2019

2º Congreso mundial de educación
Data: 
Desde xoves, 21 de febreiro de 2019 ata sábado, 23 de febreiro de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

A plataforma Educa, en co-organización coa plataforma MIAC (Mestres Innovadores e Alumnos Competentes) e a Universidade da Coruña, organizan o II Congreso Mundial de Educación, EDUCA 2019. O evento, que se celebrará do 21 ao 23 de febreiro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, desexa ser un foro de intercambio de coñecemento e experiencias didácticas entre profesorado e alumnado de todas as etapas educativas e materias.

Nas sesións matutinas abordaranse conferencias maxistrais de interese para todos os participantes, que versarán sobre temas de gran actualidade e futuro, mentres que nas xornadas de tarde están previstos grupos de traballo por áreas temáticas, onde tres profesores nacionais de cada área participarán como relatores e, posteriormente, abrirase un debate na sala entre todos os asistentes ao grupo de traballo. Tamén será quenda para a exposición de traballos de investigación por parte dos participantes.

 

Toda a  información

Palabras clave: 
Arquivos adxuntos: