CLIL e proxecto europeo ELAPSE

Data: 
venres, 29 de marzo de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

O venres 29 de marzo, en horario de 16:00 h a 19:00 h, terá lugar no Salón de Actos do CIFP Compostela (Santiago de Compostela) un encontro titulado "CLIL e proxecto europeo ELAPSE".
Este evento formúlase como unha oportunidade de intercambio e debate sobre a metodoloxía AICLE ou CLIL aproveitando o traballo que se está a levar a cabo desde o CAFI como socios do proxecto europeo Erasmus+ (KA2) Embedding Languages Across Primary and Secondary Education (ELAPSE).
Será unha ocasión para interactuar con Laura Pons Seguí, profesora asociada na Universitat de Barcelona, experta en CLIL e formación do profesorado. Alén disto, poderanse coñecer os produtos que se van xerar dentro do proxecto ELAPSE así como o traballo que desenvolven os demais socios do consorcio: LFEE, a Académie Montpellier, a Pädagogische Hochschule Wien, o Centro de Formación do Profesorado en Idiomas de Valladolid, a Association for Language Learning UK, ademais de Power Language, socio estratéxico.

Inscricións a través de fprofe co código S1802073.

Palabras clave: 
Arquivos adxuntos: