Apaixónate 2019
Data:
sábado, 30 de marzo de 2019
Lugar:
Santiago de Compostela

Está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa "Apaixónate 2019", que terá lugar o próximo 30 de marzo no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que se fai ilustra o camiño cara o éxito, contado por profesionais de recoñecido prestixio.
A actividade está aberta a todo o profesorado, que pode inscribirse nesta xornada ata o 22 de marzo en fprofe, con referencia X1802119.