AESLA 2019

XXXVII Congreso Internacional da Asociación Española de Lingüística Aplicada
Data: 
Desde mércores, 27 de marzo de 2019 ata venres, 29 de marzo de 2019
Lugar: 
Valladolid

Organizado polos profesores e investigadores dos departamentos de Filoloxía Inglesa, Filoloxía Francesa e Alemá, Lingua Española e Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Valladolid, e coordinado polo grupo de investigación UVALAL (Laboratorio de Adquisición del Lenguaje de la Universidad de Valladolid), este congreso tratará os fenómenos lingüísticos que xorden cando interactúa máis dunha lingua na mente de falantes bilingües con diferentes perfís lingüísticos, a súa evolución e utilidade. Celebrarase no Palacio de Congresos Conde Ansúrez de Valladolid.

Baixo o lema Bilingüismo e linguas en contacto, o obxectivo de AESLA 2019 é profundar no estudo do bilingüismo nas súas distintas dimensións a través das múltiples metodoloxías e propostas teóricas utilizadas por diferentes investigadores.

Máis información