Vive sen trampas 2018
Programa formativo
Data:
Desde luns, 19 de marzo de 2018 ata mércores, 23 de maio de 2018
Lugar:
Santiago de Compostela

A Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) promove este programa formativo, composto por un seminario web, un curso online e unha xornada presencial, dirixido a profesores de Educación Secundaria e Formación Profesional que impartan Educación Física e materias asociadas a actividades deportivas, profesores de Educación Primaria e adestradores de deportes extraescolares en colexios e institutos que estean interesados no desenvolvemento de valores a través do deporte e a prevención da dopaxe.
Está solicitada a homologación como formación permanente do profesorado.
Toda a información no arquivo adxunto.
Arquivos adxuntos: