Intelixencia emocional

A imaxinación e a emoción sempre lle gañan á razón
Data: 
sábado, 29 de abril de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela

Mar Romera, licenciada en pedagoxía e psicopegaoxía e presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, impartirá o vindeiro sábado 29 de abril, no colexio La Salle de Santiago de Compostela un curso sobre intelixencia emocional, cunha duración de oito horas, baixo o lema “A imaxinación e a emoción sempre lle gañan á razón”.

Dirixido a docentes, pedagogos, psicólogos, orientadores e, en xeral, a todas as persoas interesadas na educación, versará, entre outros, sobre os seguintes contidos:

- lntra e interpersoal (dúas intelixencias na teoría de múltiples).

- A intelixencia emocional en relación con outras teorías da aprendizaxe.

- O cerebro: a súa complexidade emocional.

- As emocións.

- A intelixencia emocional na escola: autoconcepto, autonomía, autoestima, comunicación, habilidades sociais, escoita, solución de conflitos, pensamento positivo, asertividade.

- Alfabetización emocional, conciencia, regulación, control e modificación emocional.

 

Máis información