Encontro Acción Magistral 2017

Innovación social educativa: unha nova escola para un mundo novo
Data: 
Desde venres, 29 de setembro de 2017 ata sábado, 30 de setembro de 2017
Lugar: 
Madrid

Acción Magistral, comunidade activa de docentes innovadores que traballan a educación en valores dentro da aula, organiza o Encontro Acción Magistral 2017 que se celebrará durante os días 29 e 30 de setembro de 2017 no Campus BBVA (La Moraleja, Madrid).

O Encontro Acción Magistral 2017 quere ser un foro de reunión dos que están interesados ou implicados en experiencias de innovación educativa con orientación social. Como todos os anos, contarase coa presenza de expertos educativos que achegarán a súa experiencia, coñecemento e opinión sobre os avances no terreo da innovación educativa social así como disporase de espazos de reflexión, ciclo de obradoiros, etc.

O evento, que é gratuíto, terá unha duración de día e medio aproximadamente. O venres 29 de setembro as actividades realizaranse durante a mañá e a tarde e o sábado 30 de setembro durante a mañá.

Máis información