Xornadas de información e orientación profesional 2016

Data: 
mércores, 11 de maio de 2016
Lugar: 
Santiago de Compostela

O vindeiro mércores 11 de maio celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2016, dirixidas aos profesionais da orientación dos centros educativos. Trataranse temas relacionados co desenvolvemento do curso 2016/17, as novidades normativas e o novo procedemento de admisión que se aplicará na Formación Profesional. As xornadas tamén incluirán aspectos relacionados coa mellora da inserción laboral do alumnado e coa actualidade no procedemento de acreditación de competencias profesionais.

As persoas interesadas deberán inscribirse en fprofe (código de actividade G1502016). O prazo de inscrición remata o martes 26 de abril.

PROGRAMA