Xornada de robótica

Data: 
martes, 22 de novembro de 2016
Lugar: 
Madrid

Desde novembro de 2013, España súmase á celebración da Semana Europea da Robótica (ERW) coa perspectiva de impulsar plans que axuden a superar temas pendentes na sociedade, como a brecha de xénero en tecnoloxía, a inclusión, o pensamento crítico que fomenta a corrente de roboética, a literatura de ciencia ficción, o deseño de prototipos e a superación de retos en equipos.
Neste marco, HispaRob, Plataforma Tecnolóxica de Robótica, coa colaboración da Universidade Carlos III de Madrid, organiza esta Xornada que se celebrará o vindeiro martes 22 de novembro. O evento oferta distintas actividades a través das cales se pretende promover un encontro entre os profesionais de robótica e a sociedade: presentacións, mesas redondas, exhibicións, obradoiros, etc.
A inscrición é gratuíta.

Máis información