A utilización do portfolio dixital na avaliación
Data:
sábado, 2 de abril de 2016
Lugar:
Santiago de Compostela

No marco do proxecto europeo ATS2020, impartirase o vindeiro sábado 2 de abril unha formación presencial no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, destinada ao profesorado de primeiro ciclo de secundaria, ou quinto e sexto de primaria. Esta actividade ten por obxecto dar a coñecer o proxecto e centrarase na utilización do portfolio dixital para traballar na aula a avaliación das competencias dos estudantes.
A formación presencial completarase coa creación dunha actividade por parte do profesorado participante, que se levará a cabo e avaliará na aula, facendo uso do portfolio dixital na plataforma Mahara.
A inscrición realízase en fprofe (código da actividade X1502051). A data límite é o 28 de marzo.