Palavrar a lingua
Primeiras Xornadas de Innovación Educativa
Data:
sábado, 16 de abril de 2016
Lugar:
Santiago de Compostela

STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia) organiza, o vindeiro sábado 16 de abril, no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, estas I Xornadas de innovación educativa dirixidas ao profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, coa finalidade de acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:
- - Dar a coñecer experiencias innovadoras no eido da lingua e da súa normalización, indagando no desenvolvemento de proxectos dinamizadores desta.
- - Estimular o gusto polo traballo da lingua e propiciar actitudes favorables no profesorado e no alumnado en relación con este.
- - Afondar no papel da escola como suxeito transformador e favorecedor da realidade sociolingüística e cultural da comunidade educativa en que se insire a súa actividade.
- - Promover a oralidade, a lectura e o contacto interxeracional nas propostas normalizadoras asociadas á innovación pedagóxica.
O prazo de inscrición péchase 48 horas antes do comezo da actividade.