Obradoiros para solicitude de proxectos de mobilidade KA1
Data:
luns, 16 de xaneiro de 2017
Lugar:
Santiago de Compostela

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, con motivo da convocatoria de Programas Europeos Erasmus + 2017, organiza o luns 16 de xaneiro, de 09.30 a 14.00h, no Centro Autonómico de Formación e Innnovación (CAFI) unha xornada de dous obradoiros simultáneos de proxectos de mobilidade de KA1 para os centros que non tiveran participado en proxectos europeos nos últimos tres cursos e desexen solicitar proxectos europeos de mobilidade KA1 na presente convocatoria.
A data de inscrición remata o 11 de xaneiro. Repetiranse estes obradoiros no mes de febreiro para apoiar os centros na súa solicitude dunha asociación estratéxica KA2.