Obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego

Data: 
Desde luns, 9 de xaneiro de 2017 ata venres, 24 de febreiro de 2017
Lugar: 
A Coruña

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña organiza un obradoiro de iniciación á curtamentraxe en galego, no marco do proxecto anual de promoción do Festival CinEOI Coruña 2017 que terá lugar no mes de abril de 2017. A actividade está dirixida a estudantes da EOI da Coruña, así como das Escolas de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Pablo Picasso, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol e os estudantes de 3º ciclo de Educación Primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados da cidade da Coruña.

Esta iniciativa, de 30 horas de duración e que combina parte teórica e práctica, será impartida polo realizador e guionista Omar Rabuñal Varela nos meses de xaneiro e febreiro de 2017 no Centro Ágora e na aula de informática de la EOI. O prazo de inscrición remata o 30 de decembro de 2016.

Para ampliar información, preme aquí.