O xogo de vivir, o xogo de emocionarse
Capacidades, competencias e corazón
Data:
sábado, 21 de maio de 2016
Lugar:
Santiago de Compostela

O vindeiro 21 de maio de 2016 celebrarase no colexio Lasalle de Santiago de Compostela o curso O xogo de vivir, o xogo de emocionarse a cargo de Mar Romera, especialista en intelixencia emocional. O obradoiro, cunha duración de oito horas, centrarase en cuestións como o autoconcepto, a autonomía, o pensamento positivo ou as habiliddaes sociais, entre outras.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
- - Coñecer en profundidade a teoría da intelixencia emocional e aplicar estratexias propias ao desenvolvemento persoal.
- - Profundar no autocoñecemento.
- - Analizar de forma crítica capacidades e competencias desde a óptica emocional.
- - Sentir, entender, regular, controlar e modificar emocións propias.
- - Utilizar recursos específicos en procesos de alfabetización e regulación emocional.
- - Utilizar instrumentos de avaliación de forma crítica na contorna da intelixencia emocional.