Educación, inclusión e solidariedade
Ámbitos, prácticas e perspectivas
Data:
venres, 22 de abril de 2016
Lugar:
Madrid

O vindeiro 22 de abril celebrarase na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid o Simposio Internacional Educación, inclusión e solidariedade. O obxectivo é crear un espazo de encontro e diálogo interdisciplinar onde abordar a inclusión desde a perspectiva da fraternidade e a solidariedade, pensar a inclusión non só desde quen está excluído senón desde unha óptica relacional, presente no artigo primeiro da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.