CIPE 2016
VIII Congreso Internacional de Psicoloxía e Educación
Data:
Desde mércores, 15 de xuño de 2016 ata venres, 17 de xuño de 2016
Lugar:
Alicante

Promovido pola Asociación Científica de Psicoloxía e Educación (ACIPE), celebrarase do 15 ao 17 de xuño na Universidade de Alicante este VIII Congreso baixo o lema Aprendendo, Crecendo, Innovando. O principal obxectivo é dar respostas innovadoras aos retos da educación na actualidade, coa finalidade de contribuír á mellora da calidade educativa e da sociedade en xeral. Entre outros, trataranse os seguintes temas:
- - o deseño e desenvolvemento de novos ambientes de aprendizaxe.
- - o emprego das novas tecnoloxías.
- - a motivación dos estudantes.
- - a aplicación da neurociencia á educación.
- - a avaliación das aprendizaxes e as competencia.
O Congreso está dirixido tanto a académicos como a profesionais e estudantes do campo da psicoloxía e a educación, interesados en compartir coñecementos e experiencias neste ámbito.
Toda a información na WEB do congreso.