1º Encontro de linguas ibéricas

O Departamento de Letras da Universidade da Beira Interior (Covilhã - Portugal) organiza o 1º Encontro de Línguas Ibéricas - Conferências Internacionais de Linguística. Atopan aquí espazo todas as linguas oficiais e non oficiais da península ibérica, así como as diferentes variedades diatópicas peninsulares. De acordo co carácter plural e heteroxéneo de calquera lingua, as diversas variedades de América, África e Asia son tamén parte indisociable do espírito deste encontro.
Este evento, de carácter bianual, terá lugar os días 16 e 17 de setembro de 2016 e estará dedicado á máis recente investigación científica nas seguintes áreas:
1- Xénese e evolución das linguas ibéricas.
2- Ensino das linguas ibéricas como lingua estranxeira ou segunda lingua.
3- Ensino das linguas ibéricas na era dixital.
Toda a información na web da Univesidade da Beira Interior