Xornada Plan Proxecta 2015
Data:
venres, 24 de abril de 2015
Lugar:
Santiago de Compostela

O venres 24 de abril celebrarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela, a Xornada Plan Proxecta 2015, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas intitucións da Xunta que participan a través dos programas educativos neste plan. Os obxectivos desta actividade son:
- ofrecer ao profesorado galego unha información precisa do Plan Proxecta.
- abrir un espazo de visibilidade dos traballos realizados en convocatorias anteriores e recoñecidos como boa práctica.
O prazo de inscrición en fprofe estará aberto ata o 15 de abril de 2015 (código da actividade G1402025).