Xornada Figueres 2015

Programación e robótica educativa e impresión 3D
Data: 
Desde venres, 26 de xuño de 2015 ata sábado, 27 de xuño de 2015
Lugar: 
Figueres (Xirona)

O grupo de investigación DiM e a Asociación Espiral organizan esta xornada monográfica, dirixida a toda a comunidade educativa, sobre a programación, a robótica e a impresión 3D aplicadas á educación, que abarcará todas as etapas educativas, desde a primaria ata a universidade.

Nela expoñeranse as experiencias máis relevantes de aplicación da programación e codificación nos diferentes niveis, dende Scratch e os seus derivados ata as linguaxes de alto nivel para o manexo de diferentes dispositivos, así como experiencias exitosas de deseño, construción e uso de robots didácticos e as posibilidades do uso da impresión 3D na educación.

A inscrición é gratuíta para todos os mestres e profesores de todas as institucións e centros educativos.

Esta Xornada estará complementada tamén por unha xornada on-line aberta a todo o mundo.

PROGRAMA

Máis información