Programas Europeos: o programa Erasmus+ 2015/16

O vindeiro 17 de outubro celebraranse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela unhas xornadas sobre o Programa Europeo Erasmus +. Esta actividade do Plan de Formación do Profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prantexa os seguintes obxectivos:
- Proporcionar información sobre os programas europeos descentralizados no contexto do Erasmus+.
- Mostrar boas prácticas e procedementos de participación nas diferentes accións de programas europeos.
- Desenvolver estratexias para o desenvolvemento de programas europeos.
A xornada estrutúrase en conferencias, obradoiros simultáneos por sectores e rematará cunha mesa redonda na que se porá en valor a participación dos centros educativos nos proxectos europeos e se darán recomendacións pertinentes.
O prazo de inscrición remata o 2 de outubro a través da web FPROFE