Programa ConCiencia da USC

Claude Cohen-Tannoudji
Data: 
xoves, 28 de maio de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

O programa ConCiencia chega á súa décima edición, na que contará coa presenza de Claude Cohen-Tannoudji, Premio Nobel de Física 1997.

Claude Cohen-Tannoudji é un físico francés de orixe alxeriana, pioneiro en métodos de arrefriamento de átomos con feixes de láser. As técnicas desenvolvidas por Cohen-Tannoudji e outros científicos, como William Phillips e Steven Chu, foron esenciais para fabricar reloxos atómicos máis precisos. Unha maior precisión dos reloxos atómicos mellora a navegación espacial e os sistemas GPS. Apreixoar átomos tamén é útil para medir a forza da gravidade nun determinado lugar na Terra, e o seu control abriu as portas á computación cuántica.

A conferencia titulada "Manipulando átomos con luz"  terá lugar no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23) o xoves 28 de maio de 2015 ás 19:30 h.

Máis información