Plan de formación en atención temperá 2015

A Escola Galega de Administración Pública e as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da sinatura dun convenio de colaboración, poñen en marcha o Plan de formación en atención temperá para o ano 2015, dirixido ao persoal dependente das anteditas consellerías así como para o persoal do Servizo Galego de Saúde e dos servizos sociais comunitarios que estean vinculados profesionalmente con servizos e recursos de atención temperá.
O Plan inclúe catro xornadas informativas para dar a coñecer o novo marco normativo da atención temperá en Galicia e o protocolo de coordinación, que terán lugar, en horario de mañá, en Santiago de Compostela (24 de setembro), Lugo (30 de setembro), Ourense (6 de outubro) e Pontevedra (8 de outubro).
A inscrición está aberta ata o 31 de xullo.