Intelixencias múltiples

Data: 
sábado, 14 de marzo de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

O sistema escolar está sumido nunha inercia, derivada das pautas e xustificacións que antano deron os resultados buscados. Hoxe, estes cambiaron e a velocidade con que seguen a súa evolución é crecente. Ante esta realidade débese reflexionar e introducir os cambios necesarios para que a educación siga abrindo portas. A revisión profunda conduce a cambiar o foco, dos contidos conceptuais ás competencias claves para a vida. Isto só se logra cunha sincera reflexión e os cambios metodolóxicos oportunos.
Esta xornada, que se celebrará o sábado 14 de marzo no colexio La Salle de Santiago de Compostela, será impartida polo mestre e pedagogo Javier Bahón, que falará sobre as intelixencias múltiples e na que se desenvolverá un obradoiro sobre o uso destas.

PROGRAMA