EscolaTIC 2015

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC, un dos eventos máis importantes sobre as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no eido educativo. A creatividade, o desenvolvemento das competencias no mundo tecnolóxico no que se atopa o ensino e a utilización de dispositivos de forma efectiva e creativa serán os temas centrais das conferencias plenarias que se presentarán.
Os obxectivos que se pretende acadar son os seguintes:
1.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das tecncoloxías da información e da comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.
2.Promover o intercambio de experiencias de boas prácticas con tecnoloxías da información e da comunicación.
3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.
O prazo de inscrición remata o 22 de marzo de 2015.