CIATEF 2015

Organizado polo Grupo Esculca, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Rede RIES e a Unidade de Atención Temperá da USC, terá lugar en Santiago de Compostela o IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (CIATEF) os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015. Alí daranse cita prestixiosos investigadores de todo o mundo no campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares
Amparar os dereitos da infancia e reforzar a educación responsable das familias son hoxe condicións para un desenvolvemento sustentable, con amplo percorrido e considerable repercusión sobre indicadores de equidade e calidade nas políticas en nos servizos á cidadanía. Estase vivindo un cambio de época, do que a familia, e tamén a escola, son claros expoñentes. E este congreso quere servir de marco oportuno para definir problemas, apurar bos diagnósticos e seguir explorando ideas e actuacións nas que apoiar os mellores augurios.
Toda a información nesta LIGAZÓN