VIII Feira Matemática
Data:
sábado, 26 de abril de 2014
Lugar:
A Coruña (Edificio Palezco)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza, un ano máis, a Feira Matemática, unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como ao profesorado de matemáticas e a todo o público en xeral.
O propósito co que se convoca esta cita é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, vinculando o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa, coa vontade de:
- Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
- Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
- Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
- Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.
A celebración desta feira terá lugar o sábado 26 de abril, das 11.00h ás 19.00h, no edificio Palexco de A Coruña.
Accede ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Toda a información na web de AGAPEMA