Eduketing 2015

Eduketing é o Congreso Internacional de Marketing Educativo organizado polo Instituto de Calidade Pedagóxica e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Pedagogos e Psicopedagogos de España.
Esta V edición, que se celebrará en Valencia os días 19 e 20 de febreiro de 2015, ten como obxectivo achegar o marketing ao sector educativo, mediante conferencias prácticas e casos de éxito, para propiciar que os centros educativos apliquen as técnicas máis contrastadas, que xa se aplican satisfactoriamente noutros sectores económicos.
Eduketing 2015 está dirixido a todos os profesionais dun centro educativo que necesiten incrementar os seus coñecementos sobre esta ferramenta de comunicación, posicionamento e innovación, e dar a coñecer os beneficios que pode proporcionar ao mundo da educación.
Accede ao PROGRAMA