Barcelona Inclusiva 2014

Este I Congreso Internacional, organizado por ACPO (Asociación Catalá de Psicopedagoxía e Orientación) e ACO (Asociación Catalá de Orientación Escolar e Profesional) co apoio da COPOE (Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España), pretende ser un espazo de encontro de profesionais da orientación de Cataluña, España, Europa e Latinoamérica, procedentes de experiencias formativas e profesionais diversas, dende o mundo da educación ata o mundo da ocupación. Celebrarase en Barcelona os días 30 e 31 de maio, e 1 de xuño.
Obxectivos:
- Favorecer un marco interdisciplinario de reflexión e construción de propostas para unha sociedade máis inclusiva en todas as etapas do ciclo vital da persoa.
- Ofrecer espazos de debate e de formación onde compartir metodoloxías de traballo en rede.
- Facilitar aos profesionais da orientación unha mirada diversa, global e transversal dos procesos inclusivos.
- Dar a coñecer as últimas novidades sobre boas prácticas inclusivas nos ámbitos de intervención social, educativa, laboral e profesional.
Acceso ao PROGRAMA
Toda a información na WEB do Congreso