CIMIE 2013

A Asociación Multidisciplinar de Investigación Educativa (AMIE) organiza o II CIMIE (Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa). Este congreso parte do slogan “Investigación de calidade para mellorar a educación”.
Trátase dun evento internacional de académicos, investigadores, estudantes de doutoramento da área de investigación educativa comprometida coa investigación de alta calidade e a mellora do éxito educativo de todos os nenos, mozos e adultos.
O congreso está organizado en dous días, 4 e 5 de xullo de 2013, en Tarragona. A primeira xornada centrarase nas diversas áreas de coñecemento do ámbito educativo. Na segunda presentaranse temas específicos que son claves na educación.
AMIE contribúe cos congresos CIMIE a xerar unha cultura investigadora baseada na excelencia científica e humana.
Toda a información na WEB
Coñece o PROGRAMA