Los secretos del profesorado eficaz en educación física

(Imprescindible para hoxe)
Carlos González Arévalo (coord.). (2010) Editorial INDE, Barcelona.

Imaxina que outros compañeiros comparten contigo o saber que tiveron acumulado ao longo dos seus anos de experiencia práctica como docentes, desde a relación co alumnado, a xestión da aula ou a avaliación. Pois ben, este é o obxecto deste libro, onde oito profesores comparten as súas experiencias de éxito na materia de Educación Física. É un libro imprescindible para o profesor novel, por amosar sabedoría en forma de experiencia, mais tamén para o profesor experto, para reflexionar sobre as diferenzas e semellanzas que ten con outros docentes.


No escenario que vos propoñemos, os docentes explican en primeira persoa como orientan e programan as súas clases; como motivan e avalían o alumnado; como se foron formando e aprendendo curso a curso...


Todos teñen en común máis de dez anos de experiencia exercendo a docencia de Educación Física en centros públicos e concertados e, ao longo das páxinas do libro, vannos debullando a súa particular forma de facer fronte a cada un dos dez apartados relacionados coa actividade docente que se establecen no capítulo de presentación.


José Antonio Sordo Freire
jasordo@edu.xunta.es
CFR de Ferrol
 

Sección: