Cine, enseñanza y enseñanza del cine

Título: Cine, enseñanza y enseñanza del cine

Autor: Juan A. Pérez Millán

Editorial: Morata

Ano: 2014

Páxinas: 128

 

Contido:

En 120 anos, o cinema e os medios de expresión derivados: a televisión, o vídeo, as imaxes dixitais, convertéronse na máis formidable, masiva e influínte das formas de comunicación inventadas pola humanidade ao longo da súa historia, ademais de na base dunhas industrias moi poderosas, e non só dende o punto de vista económico.

Calquera persoa está hoxe exposta, dende a infancia, á influencia determinante destes medios, non obstante, o cinema e a súa linguaxe seguen estando fóra do ámbito fundamental do ensino. As aproximacións que se fixeron centráronse no contido das películas, e non nas formas de expresión que propoñían, non na súa linguaxe, non nos elementos específicos da comunicación audiovisual, e moito menos nos posibles efectos sobre quen contempla as súas creacións.

O lector coñecerá a través de Cine, enseñanza y enseñanza del cine os procedementos expresivos do cinema e dos seus derivados, como forma de asegurar o que chamaremos comprensión dos significados de cada obra concreta, condición imprescindible tanto para poder adoptar unha actitude persoal diante dela como para alcanzar un verdadeiro goce, máis alá da simple aceptación pasiva, o gusto superficial ou o tan recorrente como enganoso entretemento.

Sección: