As mulleres nas artes e nas ciencias. Reflexións e testemuñas
Título: As mulleres nas artes e nas ciencias. Reflexións e testemuñas
Autor/a: Mª Dorinda Mato Vázquez, Rocío Chao Fernández e Roberto Suárez Brandariz (coords.)
Editorial: Publicacións de centros e departamentos da UDC
Ano: 2013
Páxinas: 216
Contido:
Coordinado por Mª Dorinda Mato Vázquez, Rocío Chao Fernández e Roberto Suárez Brandariz, profesores do Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, esta obra recolle unha ampla visión, multidisciplinar, da difícil historia da incorporación da muller ao mundo académico, artístico e científico. Achegas dende o mundo da Pedagoxía, da Psicoloxía e do Dereito, por citar tan só algúns dos artigos que contén - con autores como Mª Dorinda Mato, Luis Rodríguez Cao ou Pablo González Mariñas-, mostran unha visión ácida e reivindicativa, á vez que esperanzada, do devir histórico da muller na súa difícil loita pola igualdade social.