Lunana, un yak na escola

 

Título: Lunana, un yak na escola

Título orixinal: Lunana: a Yak in the classroom

Ano: 2019

Nacionalidade: Bután

Xénero: Drama

Dirección: Pawo Choyning Dorji

Elenco: Sherab Dorji, Pem Zam, Gurung Ugyen

Guión: Pawo Choyning Dorji

Música: Yi Chen Chiang, Duu-Chih Tu

Duración: 110 min.

 

Sinopse:

 

Ugyen é un novo profesor en Bután, que elude os seus deberes mentres planea ir a Australia para converterse en cantante. Como reprimenda, os seus superiores envíano á escola máis remota do mundo, unha aldea glacial do Himalaya chamada Lunana. Tras unha esgotadora viaxe, Ugyen chega a Lunana, onde se atopa sen electricidade nin calefacción, nunha escola sen xanelas nin lousa. Aínda que pobres, os aldeáns dan unha cálida benvida ao seu novo mestre, pero el enfróntase á abafadora tarefa de ensinar os nenos do pobo sen ningún material. Desesperado, quere abandonar e marchar canto antes pero, aos poucos, vese conquistado pola sinxeleza, bondade e ganas de aprender dos pequenos e as súas familias.

 

 

Sección: