¿Quién forma a los futuros docentes? Un estudio conjunto en cuatro países

Autor: Graciela Cordero Arroyo e Paulino Carnicero Duque (coords.)
Editorial: Octaedro. Colección Univesidad. Barcelona, 2021

Autor da recensión: Emilio J. Veiga Río
eveigar@edu.xunta.gal
Centro de Formación e Recursos da Coruña

 

 

Publicación de nove capítulos integrados en dúas seccións achegados por relevantes docentes de catro países: España, México, Chile e O Brasil.

No primeiro bloque, atópanse os capítulos de carácter máis xenérico que presentan unha reflexión xeral sobre as características dos formadores de formadores. Aí abórdase o reto da formación inicial do profesorado e as claves para repensar o perfil do formador de mestres de educación primaria.

No segundo bloque, articúlanse os outros sete capítulos, nos que se presentan as experiencias de investigación en diversas institucións e nos diversos países do estudo dun total de 22 institucións.

No terceiro capítulo, descríbese a aplicación do estudo centrado en dúas dimensións principalmente, competencias profesionais, que inclúen necesidades formativas e satisfacción persoal. Nos tres capítulos seguintes, diferentes instancias de México ofrecen aspectos da formación inicial, das necesidades de formación e da satisfacción profesional dos docentes destas etapas iniciais en tres rexións deste país. O sétimo capítulo céntrase na análise das mesmas competencias ca no caso de México, pero coa inclusión dunha nova subdimensión sobre as modalidades de formación preferentes. Xa nos dous últimos capítulos analízanse a realidade no estado brasileiro de Goiás abordando as mesmas competencias profesionais ca nos anteriores estados.

Finalmente, pódense focalizar en todos os estudos dos diferentes países que as competencias valoradas con maior importancia se corresponden coas de expresión e comunicación no propio idioma, a importancia dos ambientes de aprendizaxe, a planificación da función docente, a avaliación da aprendizaxe e o traballo colaborativo cos colegas.

E un libro que, principalmente, intenta ofrecer diferentes visións sobre unhas mesmas competencias profesionais.

 

 

Sección: