Biblioteca é a creativa como auga é a líquida

Algúns soños cúmprense. Outros hai que facer por cumprilos.
Esta é a historia dunha transformación, a historia dun soño que se fixo realidade. É a narración duns cambios que fican ancorados na realidade dun centro educativo, e dunha comunidade que soñou ter unha bilblioteca creativa, dos seus pasos e das súas aprendizaxes.

Mónica Patricia Muñoz Sobrino
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Navia - Vigo)
munozsobrino@edu.xunta.gal

 

Na nosa escola soñabamos con ter unha biblioteca creativa. E o soño cumpriuse a medias. Entramos no programa xusto o ano do confinamento. E todo quedou en standby.

Os seguintes cursos sumáronse novos problemas: as restricións por mor da pandemia, a redución de horas de biblioteca, a asunción de cargos directivos por parte de membros do equipo… E, nestas circunstancias, sempre afloraba un pensamento recorrente: temos que poñer a funcionar a biblioteca creativa!

Esta é a historia e estas son as claves da nosa andaina. Unha historia ancorada na realidade propia e nas respostas que, día a día, imos proporcionando.

 

1. A biblioteca é creativa por natureza

Na nosa escola a biblioteca é o centro dinamizador. Radio escolar e Biblioteca creativa non se conciben como realidades alleas, senón que se integran, constitúen as partes dun todo. 

Por outra banda, o propio modelo de biblioteca que propoñemos leva implícito en si mesmo o cualificativo de creativa. Esa é a razón de que, a partir deste punto, empreguemos o termo biblioteca como sinónimo de biblioteca creativa. 

Tendo en conta esta premisa previa, semella coherente que as nosas propostas se caractericen por:

  • Apuntan á globalización. Se só quedamos no facer, as actividades empobrécense. É preciso que o alumnado pense, investigue, colabore, transfira aprendizaxes, cree, aplique, comunique.
  • Transcenden as paredes da biblioteca. O PDI da biblioteca é o corazón que, cada curso, lle dá pulo ó noso centro. Por iso, como o sangue circulando por veas e arterias, as nosas propostas bibliotecarias transcenden as paredes da biblioteca e chegan aos puntos máis recónditos da escola e da comunidade educativa. 
  • Esixen flexibilidade horaria. Para que este fluído creativo se distribúa correctamente é preciso introducir bypasses e válvulas que permitan que as propostas cheguen a todos os cativos e cativas. Isto esixe flexibilidade e creatividade horarias para introducir desdobramentos.
  • Presupón un concepto innovador e amplo que nos permite recoñecer que o alumnado non está a xogar, senón que está aprendendo, desenvolvendo as súas habilidades sociais e traballando múltiples competencias mentres realizan unha soa actividade.
  • Require pensar, meditar, avaliar, mellorar. Cada actividade ou tarefa parte dunha proposta pensada, meditada, avaliada e mellorada (se é necesario). Debemos recoñecer con claridade que é o que queremos conseguir e que competencias pretendemos que o alumnado desenvolva con ela. 

 

2. A biblioteca ten a palabra

O maior tesouro da biblioteca son as palabras. Coa palabra podemos expresar e comunicar, pero tamén inventar. Non hai nada tan creativo como xogar con elas!

  • Xogar e encadear palabras.
  • Xogar a atopar rimas entre palabras.
  • Xogar a inventar pareados.
  • Xogar a escribir palabras ditadas.
  • Xogar a crear contos a partir de imaxes.
  • Xogar a etiquetar libros…

http://biblionavia.blogspot.com/2020/01/traballando-por-grupos.html

 Xogar coas palabras a partir das propostas que nos ofrece a propia literatura:

http://biblionavia.blogspot.com/2021/04/as-palabras-que-levou-o-vento.html

Xogar a engarzar palabras, crear historias propias, ilustralas, difundilas coas nosas voces empregando sinxelas aplicacións:

http://biblionavia.blogspot.com/2021/04/escribeme-ilustrame.html

Escribir novas inventadas, organizar un guión radiofónico, gravar un programa como os locutores de verdade e difundilo a través dun podcast:

http://biblionavia.blogspot.com/search/label/O%20Imaxinativo%20de%20Radio%20Castelao

Transformar as historias aprendidas da tradición oral en retos robóticos que nos fan pensar:

http://biblionavia.blogspot.com/2021/06/metemos-o-gatipedro-na-gaiola.html

Crear cómics a partir duns elementos dados e transformalos en retos STEAM:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/viva-creatividade.html

Debuxar letras coas ferramentas do Lettering:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/02/comezou-o-noso-obradoiro-de-lettering.html

Xogar coas letras, coas simetrías, coa numeración e cos ángulos:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/05/xogando-coa-caligrafia.html

Inventar o noso dicionario creativo:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/05/palabras-creativas.html


 

3. A biblioteca é da comunidade educativa: todos deixamos pegada nela

Sentirse comunidade non é só participar das actividades que se propoñen, senón desenvolver un papel importante na creación de recursos e na xestión dos espazos. Por iso, cada elemento da nosa biblioteca ten detrás, como protagonistas, a distintos membros da comunidade educativa. 

As familias colaboraron na montaxe do mobiliario:

http://biblionavia.blogspot.com/2019/12/todos-unha.html

A cativada decorou os protectores das mesas:

http://biblionavia.blogspot.com/2019/12/creamos.html

Os vinilos que adornan as paredes partiron das propostas creativas achegadas polas distintas aulas a partir dunha lectura: 

http://biblionavia.blogspot.com/2020/06/a-maga-tomasa-convidanos.html

O alumnado de maior idade montou os escornabots e creou modelos e materiais para que os máis cativos traballen cos robots: 

http://biblionavia.blogspot.com/2020/11/obradoiro-de-robotica.html

http://biblionavia.blogspot.com/2021/04/crear.html

 

4. A biblioteca transcende as catro paredes

A biblioteca é un organismo vivo e, como tal, quere aire e movemento. Non é quen de permanecer entre as catro paredes que conforman a súa localización física, senón que coloniza outros espazos: vestíbulos, aulas, horta, patio vivo… e redes!

O vestíbulo convértese en espazo creativo onde se recollen as nosas producións co gallo das diversas celebracións escolares:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/02/agromando-follas-novas.html

A horta é o laboratorio onde xermolan todos os cultivos cos que experimentamos ao longo do curso:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/sementando-na-horta.html

 

Ese laboratorio hai que acondicionalo, e para iso contamos co entusiasmo das familias: 

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/as-familias-involucranse-no-noso-pdi.html

Os avós e avoas participan encantados cando lles pedimos colaboración para recuperar refráns ou coplas antigas relacionadas co noso proxecto: 

http://biblionavia.blogspot.com/2022/01/refraneiro-do-outono.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/refraneiro-do-inverno.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/as-coplas-da-bisavoa.html

 

5. Na biblioteca formámonos

O artista nace ou faise? Non temos resposta certa. A experiencia dinos que as persoas podemos xerar ideas marabillosas. Pero se as compartimos e estamos abertos ás suxestións e xenialidades dos outros, estas enriquécense e melloran. 

Por tal motivo, a formación é requisito imprescindible tanto para o profesorado do equipo como para a rapazada. A Asesoría de Bibliotecas, o CFR, o INTEF… ofrecen estupendos cursos que nos abren a mente para implementar novas actividades.

Pola súa banda, a escola non escatima medios para a formación do noso profesorado:

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/as-profes-xogan.html

http://biblionavia.blogspot.com/2021/05/as-profes-tamen-aprenden.html

Pero tampouco para que a cativada (e de paso nós mesmos) aprenda a empregar novos recursos e estratexias:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/enganchados-paola.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/obradoiro-de-e-textis.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/mais-obradoiros-con-paola-guimerans.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/obradoiro-de-pop-ups-luminosos.html

A partir deste cúmulo de formacións xorden ideas que adaptamos á nosa realidade e que, como sempre, pretenden desenvolver múltiples competencias:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/pensamento-computacional-desconectado.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/obradoiro-de-robotica-en-1.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/02/preparamos-o-disfraz-da-maga-tomasa.html

 

6. Na biblioteca traballamos en equipo

A biblioteca é viveiro de cidadanía. Traballar en equipo, facer cohesión de grupo e crear comunidade son obxectivos implícitos en cada actividade. 

Habitualmente interactuamos en pequeno equipo ou en grupo aula. Pero, outras, a actividade esixe a intervención, incluso, de todo o alumnado:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/01/o-alumnado-de-5-proponnos-un-reto.html

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/asi-creamos-nosa-cabezuda.html

 

7. Na biblioteca, o segredo é a globalización

Moitas cousas pequenas poden facer algo grande. Os mellores produtos son aqueles que suman, sen implicar por iso unha carga de traballo excesiva. 

Como celebrar o Día da Poesía? Se sumamos os versos atopados nos andeis da biblioteca, a nosa creatividade e a propia voz, obtemos propostas tan potentes coma esta Colleita poética

http://biblionavia.blogspot.com/2022/04/tres-en-un.html

 

8. A biblioteca require organización

Ofertar actividades na biblioteca con tan escasos medios persoais esixe moita creatividade, coordinación entre o profesorado e flexibilidade horaria. 

As dúas persoas do equipo de biblioteca con dispoñibilidade organizamos os obradoiros en desdobramentos: a metade do grupo queda na aula coa titora e a outra metade traballa connosco. Isto supón un grande incentivo para a rapazada. Ademais, en ambos os dous espazos (aula e biblioteca) se crea un clima de traballo tranquilo que todos agradecemos.

9. E sempre, sempre… o alumnado ten a palabra na biblioteca

Os comentarios espontáneos, os gustos ou as propias iniciativas do alumnado poden dar lugar a completas e fermosas actividades que combinan escritura, lectura, uso das novas tecnoloxías, tipoloxías textuais e aprendizaxes propios das ciencias naturais:

http://biblionavia.blogspot.com/2022/03/sementando-en-1-a.html